A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) denunciou ante o Defensor del Pueblo para reclamar que se puxerán os meios necesarios para inspeccionar o buque e resgatar os menores que presumibelmente sofren maltrato. O 2 de Decembro comunicaron que a queixa fora aceitada a trámite [Contestación á queixa presentada ] .
EsCULcA entregou un escrito na Fiscalia de Área de Ferrol:
Escrito presentado por EsCULcA o pasado 30 de Novembro en que requeria testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 [Escrito Rexistrado].
Resposta da Fiscalía da Área de Ferrol a solicitude de EsCULcA:
Con data 1º de Decembro, o Fiscal da Área de Ferrol, Román Ruiz Alarcón, contestou o escrito presentado por EsCULcA o pasado 30 de Novembro en que se requiría testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 incoadas a raíz da denuncia dun cidadán que afirma ter visto varios menores traballando a bordo do buque Lafayette en condicións de extrema precariedade [Resposta Fiscalía].
Pregunta do BNG á Xunta de Galicia no Parlamento Galego:
Bieito Lobeira Domínguez e Fernando Blanco Parga apresentarom o pasado 30 de Novembro no Parlamento Galego umha pergunta.
Declaracións de interese:
Declaracións de Cuco Fernández de Mesa a "Galicia Ártabra - Ártabra FM" que foron eliminadas polo propio medio despois da denuncia, a saber por que?:
1.- [Continua el “caso Lafayette”. Siguen sin dar autorización de entrada del buque para reparar en Navantia-Fene]
2.- [El “Lafayette” es esperado mañana en Ferrol. Un lío tremendo que alguien debería explicar]
Denuncias presentadas:
Ilma. Sra. Dña. Consuelo Madrigal Martínez-Pereda - Fiscal de Protección y Reforma de Menores - Fiscalía General del Estado
Sr. D. Carlos Mariscal De Gante - Sección de Menores - Fiscalía Provincial da Coruña
NOTA - A todos os medios de comunicación
[Nota de prensa orixinal]
Tres vídeos do buque en Astano:
Vídeos do buque "Lafayette" nas manobras de saída do dique 5 de Astano - Navantia Fene, mais que non contribuen a esclarecer o Caso.
Vídeos do buque factoría-pesqueira "Lafayette" manobrando para a saída do dique 5 de Astano -Navantia Fene.
Para quen traballa o buque:
O "Lafayette" traballa para a compañía Pacific Andes, con base en Hong Kong, e habitualmente opera cunha flota de arrastreiros que lle transfiren as súas capturas.
Cal é a coinsignataria do buque no territorio do reino de España:
O buque factoría-pesqueira "Lafayette", está representado no territorio de todo o Estado Español pola consignataria Antón Martin (Shipping), SL.
Ficha do buque "Lafayette":
O buque "Lafayette", abanderado na Federación Rusa, figura como propiedade de Kredo Investment, con sede en Moscova, mais a finais do ano 2009, pasa a formar parte da flota da compañía chinesa Pacific Andes Internacional que o fai o seu buque insignia, no que inviste 100 millóns de dolares para poñelo a punto. Para a citada compañía vai ser un investimento moi importate, considerada unha fábrica flotante que vai reportar moito diñeiro. Trata-se do maior buque factoría-pesqueira do mundo. Construído en 1980 nos estaleiros NKK Tsurumi, en Xapón, perante 29 anos navegou como petroleiro de cru e produtos cos nomes de "Freeport Chief", "Dorsetshire", "Protank Orinoco" e "Vemacape". [+info]
En 2009 foi transformado na súa actual condición e é un buque de 49.173 toneladas brutas e 14.752 toneladas netas, sendo as súas principais dimensións 228,60 m de eslora total, 32,20 m de manga e 10,50 de calado. Código IMO 7913622 [Ficha técnica - Inglés / Galego].
O buque "Lafayette" na actualidade traballa para a compañía Pacific Andes, con base en Hong Kong, e habitualmente opera cunha flota de 5 super-arrastreiros e 7 barcos recolectores que lle transfiren as súas capturas. O buque ten capacidade para procesar e conxelar 1.500 toneladas diarias de peixe. A súa tripulación, está formada por máis de 200 persoas [+info].
Un pequeno detalle: O "Lafayette" procesa os seus produtos capturados no sur do Océano Pacífico. É o maior buque do mundo para o procesamento de peixe, o "Lafayette" é o novo buque do Pacific Andes provedor de hai tempo, para a especie Alaska de Pollock, que se usa en hamburguesas de McDonalds.
___________________
Nenhum comentário:
Postar um comentário