O Caso do Buque "Lafayette" - Un suposto delito de explotación infantil - Novembro/Decembro de 2011

Sobre o buque factoría-pesqueira "Lafayette" - Nov/Dec 2011

*******************************

A Asociación Galega contra o Maltrato ao Menor insta aos Xulgados de Ferrol e As Palmas a que tomen medidas urxentes no caso do buque Lafayette arribado no porto das Palmas desde o 2 de decembro


AGAMME INSTA Á XUSTIZA A QUE RESOLVA O CASO DO BUQUE LAFAYETTE A Asociación Galega contra o Maltrato ao Menor insta aos Xulgados de Ferrol e As Palmas a que tomen medidas urxentes no caso do buque Lafayette arribado no porto das Palmas desde o 2 de...
Ler máis...

Que é o que pretende EsCULcA solicitando as testemuñas das dilixencias preprocesuais realizadas pola Fiscalía no Caso do Buque Lafayette?


PRETENDE EsCULcA NO CASO LAFAYETTE "Exercer control externo sobre a actuación da Fiscalia" EsCULcA contestou hoxe ao decreto de 1 de Decembro da Fiscalía da Área de Ferrol en que se requería ao Observatório que manifestase o uso que pretende dar ás...
Ler máis...

"Escravitude infantil, solución final neoliberal" - Denuncia de Esquerda Unida no caso do buque Lafayette


ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O ABANDONO DA FISCALÍA PARA PERSEGUIR UN PRESUNTO CASO DE ESCRAVITUDE INFANTIL: "NON CABE CONTEMPLACIÓNS COA SOLUCIÓN FINAL NEOLIBERAL, A ESCRAVITUDE INFANTIL", SINALA YOLANDA DÍAZ ESQUERDA UNIDA ESIXE Á FISCALÍA DO ESTADO UNHA...
Ler máis...

O 'Lafayette' logo de pasar dous días sen rumbo fixo, a 45 millas de "Las Palmas de Gran Canaria", atraca no Dique Reina Sofía supostamente custodiado pola policia - EsCULcA informa máis sobre a denúncia de explotación de traballo infantil


O Lafayette atraca no Dique Reina Sofía, supostamente para continuar coa reparación que iniciara na Ría de Ferrol no astaleiro de Navantia-Fene o 10 de Outubro pasado, até que o 24 de Novembro elevou anclas logo de que a Fiscalia da Área de Ferrol arquivara...
Ler máis...

O buque continúa deambulando a unhas 50 millas da costa grancanaria "sen goberno" - "É evidente que hai nenos nese barco", afirma a asociación denunciante, a galega AGAMME - EsCULcA solicita dilixencias á Fiscalía de Ferrol


O Lafayette, case parado a unhas 46 millas da Luz e "sen goberno". NOVAS DENUNCIAS POR PRESUNTA EXPLOTACIÓN INFANTIL A Asociación Galega contra os Malos tratos ao Menor (AGAMME) presentou unha denuncia ante o Xulgado de garda en Las Palmas de Gran...
Ler máis...

O buque Lafayette evade o porto das Palmas, pese a ter prevista a entrada - Un buque con denuncias por explotación infantil sortea Las Palmas de Gran Canaria


O Lafayette en Navantia-Fene antes de saír precipitadamente da Ría de Ferrol o pasado 24 de Novembro, unha vez que a Fiscalia da Área de Ferrol arquivou a denuncia O Lafayette partiu o pasado xoves de Ferrol dous meses antes do previsto logo de ser investigado...
Ler máis...

AGAMME esixe a liberación dos menores explotados no barco Lafayette


A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) quere informar do acontecido nas últimas horas co barco Lafayette, o maior buque factoría do mundo, logo da súa marcha precipitada de Navantia Fene. A fuxida do buque do estaleiro produciuse logo...
Ler máis...

Un traballador de Navantia Fene denuncia que no buque factoría-pesqueira "Lafayette" que na actualidade se atopa reparando no estaleiro de Perlio, hai "NENOS" menores de idade traballando en condicións lamentables - nota de prensa - denuncias presentadas - vídeos


NOTA DE PRENSA A todos os medios de comunicación Póñome en contacto con vostedes para informarlles duns feitos, que pola súa importancia e pola súa gravidade non dubidei nin un instante en "DENUNCIAR ANTE a Fiscal de Protección e Reforma de Menores,...
Ler máis...

*************************

Documentación de Interese para o Caso

Resposta do Defensor do Pobo Estatal a AGAMME:

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) denunciou ante o Defensor del Pueblo para reclamar que se puxerán os meios necesarios para inspeccionar o buque e resgatar os menores que presumibelmente sofren maltrato. O 2 de Decembro comunicaron que a queixa fora aceitada a trámite [Contestación á queixa presentada ] .


EsCULcA entregou un escrito na Fiscalia de Área de Ferrol:

Escrito presentado por EsCULcA o pasado 30 de Novembro en que requeria  testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 [Escrito Rexistrado].


Resposta da Fiscalía da Área de Ferrol a solicitude de EsCULcA:

Con data 1º de Decembro, o Fiscal da Área de Ferrol, Román Ruiz Alarcón, contestou o escrito presentado por EsCULcA o pasado 30 de Novembro en que se requiría  testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 incoadas a raíz da denuncia dun cidadán que afirma ter visto varios menores traballando a bordo do buque Lafayette en condicións de extrema precariedade [Resposta Fiscalía].


Pregunta do BNG á Xunta de Galicia no Parlamento Galego:

Bieito Lobeira Domínguez e Fernando Blanco Parga apresentarom  o pasado 30 de Novembro no Parlamento Galego umha pergunta.


Declaracións de interese:

Declaracións de Cuco Fernández de Mesa a "Galicia Ártabra - Ártabra FM" que foron eliminadas polo propio medio despois da denuncia, a saber por que?:

1.- [Continua el “caso Lafayette”. Siguen sin dar autorización de entrada del buque para reparar en Navantia-Fene]

2.- [El “Lafayette” es esperado mañana en Ferrol. Un lío tremendo que alguien debería explicar]


Denuncias presentadas:
Ilma. Sra. Dña. Consuelo Madrigal Martínez-Pereda - Fiscal de Protección y Reforma de Menores - Fiscalía General del Estado

Sr. D. Carlos Mariscal De Gante - Sección de Menores - Fiscalía Provincial da Coruña

NOTA - A todos os medios de comunicación
[Nota de prensa orixinal]

Tres vídeos do buque en Astano
:

Vídeos do buque "Lafayette" nas manobras de saída do dique 5 de Astano - Navantia Fene, mais que non contribuen a esclarecer o Caso.
Vídeos do buque factoría-pesqueira "Lafayette" manobrando para a saída do dique 5 de Astano -Navantia Fene.


Para quen traballa o buque:

O "Lafayette" traballa para a compañía Pacific Andes, con base en Hong Kong, e habitualmente opera cunha flota de arrastreiros que lle transfiren as súas capturas.


Cal é a coinsignataria do buque no territorio do reino de España:

O buque factoría-pesqueira "Lafayette", está representado no territorio de todo o Estado Español pola consignataria Antón Martin (Shipping), SL.


Ficha do buque "Lafayette":

O buque "Lafayette", abanderado na Federación Rusa, figura como propiedade de Kredo Investment, con sede en Moscova, mais a finais do ano 2009, pasa a formar parte da flota da compañía chinesa Pacific Andes Internacional que o fai o seu buque insignia, no que inviste 100 millóns de dolares para poñelo a punto. Para a citada compañía vai ser un investimento moi importate, considerada unha fábrica flotante que vai reportar moito diñeiro. Trata-se do maior buque factoría-pesqueira do mundo. Construído en 1980 nos estaleiros NKK Tsurumi, en Xapón, perante 29 anos navegou como petroleiro de cru e produtos cos nomes de "Freeport Chief", "Dorsetshire", "Protank Orinoco" e "Vemacape". [+info]

En 2009 foi transformado na súa actual condición e é un buque de 49.173 toneladas brutas e 14.752 toneladas netas, sendo as súas principais dimensións 228,60 m de eslora total, 32,20 m de manga e 10,50 de calado. Código IMO 7913622 [Ficha técnica - Inglés / Galego].

O buque "Lafayette" na actualidade traballa para a compañía Pacific Andes, con base en Hong Kong, e habitualmente opera cunha flota de 5 super-arrastreiros e 7 barcos recolectores que lle transfiren as súas capturas. O buque ten capacidade para procesar e conxelar 1.500 toneladas diarias de peixe. A súa tripulación, está formada por máis de 200 persoas [+info].

Un pequeno detalle: O "Lafayette" procesa os seus produtos capturados no sur do Océano Pacífico. É o  maior buque do mundo para o procesamento de peixe, o "Lafayette" é o novo buque do Pacific Andes provedor de hai tempo, para a especie Alaska de Pollock, que se usa en hamburguesas de McDonalds.
___________________

Vídeos do buque "Lafayette" nas manobras de saída do dique 5 de Astano - Navantia Fene

Vídeos da estancia do buque en Navantia Fene, mais que non contribúen a esclarecer o Caso que nos ocupa. O segundo vídeo é o que presenta unhas imaxes máis próximas ao buque máis aínda así tráta-se dunha manobra onde hai moi poucas persoas na cuberta do buque. O que facía falta -e aínda esta por ver se teñen a nitidez, calidade e achegamento suficiente- son as cintas de seguridade que enfocan ao buque no seu conxunto e permanentemente e pensamos que en concreto que algunha enfoca sempre á pasarela de entrada e saída do buque. Cousa que foi o que se lle pideu á investigación.


Manobra de amarre para sacar o buque "Lafayette" do dique unha vez chorreado e pintado o seu casco

http://youtu.be/FNJtaIag_-M

Manobra de tiro e empurre para sacar o buque "Lafayette" do dique

http://youtu.be/zl1jx3vUaDA

Remolcadores virando o buque "Lafayette" logo de saír do dique de Astano -Navantia Fene.

http://youtu.be/_iIVt3pM-2w


----------